Centro Cultura e Deportivo Galicia Emigrante 1972 e V

As actividades lúdico-recreativas e formativas máis salientables deste centro son:

  • Cursos de ximnasia.
  • Cursos de gaita e baile galego.
  • Torneos de fútbol.
  • Charlas informativas.
  • Excursións culturais.
Actividades en el centroComo actividade deportiva principal destaca a organización dun torneo de fútbol, onde participa co seu equipo contra outros de asociacións españolas asentadas nesta rexión. O equipo gañou dúas veces consecutivas nos anos 1998 e 1999 o trofeo “Xunta de Galicia”.

Para acercar a cultura tradicional galega á poboación alemana, o seu grupo de baile ”Danzas da Terra”, fundado en 1998 e integrado por adultos e nenos (con idades comprendidas entre os 6 e os 50 anos), participa en todos os eventos que organiza a entidade, así como en residencias de maiores, garderías infantís e festas escolares, ademais de actuar en eventos culturais doutros centros.

Entre as actividades recreativas que levan a cabo durante o ano suliñar a celebración do Antroido,Día da Nai, Día do Pai, Día do Socio, Festa da Amizade, Magosto, etc.; e para os nenos a festa “Nikolaus” e a festa de Reis.

O centro participa nos actos que organiza a Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemania, da que é membro activo.

No seo da asociación teñen constituído o “Grupo de Mulleres” que celebra as súas reunións o último sábado de cada mes.