Centro fundado o 6 de xaneiro de 1972 que aglutina aos galegos residentes na cidade de Güterslolh situada na rexión industrial alemana de Renania. É de salientar que foi dos primeiros en constituírse logo da emigración a esta zona de Europa nas décadas dos 60 e 70.
Teñen un local social en réximen de arrendamento ata o ano 2010, o cal está aberto os fins de semana de venres a domingo. Conta cun bar-restaurante, recentemente remozado e un sala de usos múltiples onde levan a cabo as súas actividades.
Recoñecéuselle a condición de centro colaborador da Xunta de Galicia por Resolución de 25 de xuño do 2003 e na actualidade conta con 168 socios dos que 134 son galegos.
O centro é membro da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemania, e.V. e participa activamente nas diferentes accións que ésta programa.
A Primeira directiva estivo composta por:
Agustin Gonzalez, Angel Diz, Rosa Caridad, Manuel Diz, Manuel Gonzalez y Ramon Caridad.
Agustin Gonzalez, Angel Diz, Rosa Caridad, Manuel Diz, Manuel Gonzalez y Ramon Caridad.